Trinta e dous proxectos culturais buscarán mercado fóra de Galicia co apoio de Agadic

A axencia resolve a segunda quenda de adxudicación de subvencións á distribución

26/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaEspectáculosTeatroPoliticas Culturais
15 lecturas | Compartido 0 veces
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de facer publica a segunda e última quenda de adxudicacións ao abeiro da convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais. Neste caso a axencia pública autonómica reparte un total de 77.858,10 euros entre 32 proxectos presentados en tres tipos de modalidades diferentes pero todas co denominador común de estar dirixidas ao mercado de fóra de Galicia, xa sexa como representacións individuais como para a presenza en feiras, festivais ou mercados. Desde a perspectiva dos solicitantes receptores destas subvencións, é Folk music Spain events, SL a empresa que acada a maior contía para a xira europea do gaiteiro Anxo Lorenzo, sumando 18.440 euros para catro proxectos neste sentido. Síguelles Teatro Ensalle quen para os seus tres proxectos consigue un total de 15.531 euros. As actuacións da cantante Uxía no festival de Lorient, en Londres, Viena, Murcia, Colorado e Castelo Branco tamén contarán cunha axuda desta liña de subvencións sumando para todos estes desprazamentos internacionais un total de 9.938 euros adxudicados.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados