A Mesa pola Normalización LingüÃstica presentaba esta mañá en Compostela o manifesto O Cinema heroico galego. Este texto, que acumula xa máis de 150 adhesións e conta co apoio dos colectivos profesionais do sector, reivindica o "carácter heróico" da produción audiovisual da nosa lingua e lembra o carácter desta industria como sector estratéxico recoñecido por Lei. O texto, redactado por Ignacio Vilar, apela a "unha aposta decidida" polo cinema rodado na nosa lingua "das/dos directoras/directores, das/dos guionistas, das/dos produtoras/produtores, das empresas de produción, das salas de exhibición, da distribución, das institucións, dos medios de comunicación e da sociedade".
O texto, que está dispoñible desde hoxe para se asinado en liña, conta xa co apoio de colectivos como a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación de profesionais da dobraxe, a Asociación de Produtoras Independentes e a Asociación Galega de Actores e Actrices ademais de persoeiros da cultura do paÃs, entre eles as direccións dos principais xornais dixitais na nosa lingua.
Na rolda de presentación Marcos Maceira, presidente da Mesa, adiantou que a entidade vai promover de cara ao mes de setembro unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento Galego para promover novas medidas que faciliten a exhibición de producións na nosa lingua, e en particular conseguir unha maior oferta para o público infantil.