Falece o escritor Víctor Campio Pereira a piques de recibir unha homenaxe

A Festa da Palabra da Insua dos Poetas preparaba para este sábado celebrar o seu 90 aniversario

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Cartel da homenaxe prevista na festa da palabra

Cartel da homenaxe prevista na festa da palabra

A Xª edición da Festa da palabra da Fundación Insua dos Poetas preparaba para o vindeiro sábado unha homenaxe a Víctor Campio Pereira polo seu 90 aniversario (o pasado 15 de xullo) xa non se poderá facer co escritor presente. O falecemento hoxe de Víctor Campio (Garabás, Maside, 1928-2018) caeu de súpeto cando se ultimaban as celebracións das que ía ser o centro. A nova coñeceuse a través dunha mensaxe publicada polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na súa conta de Twitter. O escritor, que desenvolveu a súa carreira profesional no ensino primario e secundaria no IES As Lagoas, cultivou os diferentes xéneros publicando narrativa, ensaio e poesía. Foi nesta última opción onde máis publicou sendo a súa derradeira obra Quince sonetos de amor e once poemas máis (2011, Deputación de Ourense/Xunta de Galicia). Con motivo da vindeira homenaxe a Fundación Carlos Casares lembraba recentemente unhas declaracións feitas nunha entrevista para o xronal La Voz de Galicia polo escritor nese ano 2011 nas que dicía:"Atreveríame a dicir que na miña obra, antes que nada, o que se busca é o volver pola lingua e pola nosa cultura".

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter, Carlos Casares, Anxo Lorenzo, Maside...