En Galicia existen na actualidade 146 cibermedios, dun total de 3431 medios dixitais no conxunto do Estado, segundo publicou un equipo de investigadores da Universidade de Navarra. TratarÃase da quinta comunidade autónoma con máis cabeceiras dixitais, despois de Madrid, Cataluña, AndalucÃa e Comunitat Valenciana. A análise amosa a distribución territorial e as caracterÃsticas básicas de articulación e financiamento destas publicacións dixitais, e foi publicada na Revista Latina de Comunicación Social e recollida polo xornal Galicia confidencial. Dos 146 cibermedios galegos, só 88 se atopan en lingua galega. Esta situación diferencia a Galicia doutras nacionalidades históricas, como Cataluña ou Euskadi, onde prevalecen os cibermedios na lingua propia (133 medios en castelán fronte a 588 en catalán, no caso de Cataluña, e 75 en castelán fronte a 89 en éuscaro, no PaÃs Vasco), e aproxÃmaa a outras comunidades tamén con dúas linguas oficiais, como Navarra, Valencia ou as Illas Baleares, nas que tamén prevalecen os medios en castelán.