Galaxia crea a colección Daguerrotipos para salvagardar a memoria fotográfica de Galicia

A serie comeza cun volume sobre Carballo realizado en colaboración coa plataforma Phottic

| Santiago. Redacción | Seccións: FotografíaSociedade
Compartir:
Galaxia crea a colección Daguerrotipos para salvagardar a memoria fotográfica de Galicia

Carballo na memoria foi o título escollido para inaugurar a colección Daguerrotipos de Galaxia, un novo proxecto co que a Editorial pretende contribuír a salvagardar a memoria fotográfica de Galicia. Realizado en colaboración con Phottic, unha plataforma online cun amplo repositorio e arquivo histórico de fotografía galega, este primeiro volume que se presentou a pasada semana na Praza dos Libro de Carballo, céntrase na historia da vila entre 1900 e 1980, un amplo período de tempo onde, quen se achegue ao libro, poderá comprobar como os fotógrafos, profesionais e afeccionados, recolleron a transformación do lugar: urbanística, paisaxística, demográfica... Ao tempo que axudaron a preservar a memoria dos seus habitantes e o espírito dos lugares. Carballo na memoria estivo coordinado polo historiador Xan Fraga Rodríguez, e enmárcase nun proxecto maior para a recuperación da historia fotográfica do concello dun xeito colectivo e colaborativo, onde son as xentes as que achegan o seu saber sobre as imaxes e o amosan nas moitas accións realizadas na súa web www.carballonamemoria.org.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Xan Fraga, Fotografía, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares