"Un proxecto escénico e vivencial no que se dilúen os lÃmites entre escenario e patio de butacas, de xeito que se lle brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas". Asà define Berrobambán o proxecto Facer memoria, que inicia este 19 de setembro en Mañón a súa segunda xeira, que continuará por Teo, Carballo e Outes ata o vindeiro mes de novembro.
Esta iniciativa, que se desenvolve co apoio da Deputación da Coruña, desenvolve en cada unha das súas paraxes un programa de actividades que inclúe entrevistas individuais con veciños e veciñas, xuntanzas abertas en centros sociais ou reunións con escolares, sempre coa memoria e o patrimonio inmaterial local no centro. A proposta remata en cada localidade coa celebración dun encontro-espectáculo no que participan as persoas entrevistadas.
Como novidade nesta segunda edición, o proxecto creará un podcast a partir das gravacións das entrevistas realizadas e desenvolverá unha peza audiovisual a resumir o traballo desenvolvido en cada un dos concellos. A anterior edición da proposta desenvolvérase nos concellos de Viveiro, Fene, O Barco de Valdeorras e A Estrada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.
A iniciativa, que conduce a dramaturga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira, pretende "coñecer a historia dos lugares que habitamos e a nosa contorna directa, recuperar a memoria oral, conservar a lingua e darlle valor á memoria individual como paso previo para reconstruÃr a memoria colectiva", segundo informa Berrobambán.