Kaldarte profesionalízase na súa XXI edición

O encontro de arte efémero de Caldas pagará aos artistas que sexan seleccionados a partir desta xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O autores dos seis proxectos que se seleccionen para facer parte da vixésima primeira edición de Kaldarte, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo en Caldas de Reis, recibirán por vez primeira unha dotación económica polo seu traballo. O encontro de arte efémero dá así un importante paso para a súa profesionalización, segundo recolle a convocatoria de proxectos e se fai eco hoxe o Diario de Pontevedra. A falta dunha semana para rematar o prazo, hai xa trinta proxectos que aspiran a facer parte desta iniciativa. Os seleccionados recibirán ata 600 euros por proxecto en concepto de produción e outros catrocentos para cubrir dietas. A organización propón como tema para esta xeira o título "& 21".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis, Diario de Pontevedra, Caldas de Reis

Claves

Conceptos