A situación de incerteza do Festival internacional de Cine de Ourense OUFF tras o anuncia da sída a concurso da súa organización para a seguinte edición segue a provocar reaccións. Se antes foi o Cineclube Padre Feijóo o que sacaba un comunicado e tamén o propio ex-director, Fran Gayo e a Produtora executiva, Analía G. Alonso, agora son máis de douscentos profesionais da cultura en xeneral e do audiovisual en particular os que asinan un documento sobre o asunto. Baixo o título En apoyo a Fran Gayo e Analía G. Alonso, o documento expresa os méritos da equipa saínte do OUFF e os méritos acadados coa organización das dúas pasadas edicións do festival ourensán coas que afirman que "han conseguido situar al OUFF en un lugar de privilegio". Cineastas, actores e actrices, xornalistas, publicistas e profesionais técnicos poñen a súa sinatura neste comunicado que critica como "mala xestión", "torpeza" e "mala idea" abrir un proceso de concurso que poida levar a posibilidade de renunciar ao traballo desta equipa comandada por Gayo e Alonso por "una cuestión de burocracia, legalismos e papeleos administrativos". Aínda así o documento non pretende valorar a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público pero si o feito de que desde o Concello non se dea outra saída a esta situación. Malia todo, as persoas asinantes acreditan en crer que aínda non é tarde para reverter "una situación que no debería haberse producido nunca", afirman, e agardan que polo ben da cidade, da cultura e da cidadanía, os responsables políticos sexan capaces de encontrar unha saída que opara eles pasa indefectiblemente polo restablecemento de Gayo e G. Alonso á fronte do OUFF. O documento chega asinado por ducias de prodesionais españois e doutros certames europeos e americanos, cunha ampla representación do audiovisual galego como son os nomes de Diana Toucedo, Oliver Laxe, María Ruido, Héctor Carré, Isaki Lacuesta, Lois Patiño, Eloy Domínguez, Fernando Franco, Melania Pérez Cruz, Iria Pinheiro, Jonás Trueba, Gaspar Broullón, Ramiro Ledo, Ramón Costafreda, Lucía Catoira Pan, Marcos Nine, Roi Cagiao, Noemi Chantada, Xacio Baño, o escritor Juan Tallón e José Luis Losa, Director de Cineuropa e Pela del Álamo, Director do Festival Curtocircuíto, entre outros moitos.
Manifesto En apoyo a Fran Gayo e Analía G. Alonso.