Galaxia presenta unha colección para lectorado con diversidade funcional

Arrinca con 20.000 leguas de viaxe baixo dos mares

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A editorial Galaxia presentará mañá unha nova colección: Lectura Fácil. Trátase dun formato dirixido a aquelas persoas que teñen "problemas para ler, ben porque o galego non é a súa primeira lingua, porque tivo unha alfabetización tardía e para persoas con trastornos da aprendixaxe ou diversidade funcional". O primeiro título, que será presentado mañá venres ás 12:00 h. no Museo Meirande (Rande) é 20.000 leguas de viaxe baixo dos mares, de Jules Verne, adaptado pola Asociación Juan XXIII. Galaxia afirma que "defende con esta nova colección o dereito das persoas ao acceso á información e á cultura en galego independentemente da súa situación".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Jules Verne, Editorial Galaxia, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares