Carlos Núñez protagonizará o grande concerto do vindeiro Culturgal

Inversa Teatro, Oviravai e Xan Curiel serán os outros espectáculos principais da feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A organización do Culturgal fixo pública onte a selección de espectáculos que fecharán cada unha das xornadas da vindeira edición da Feira das Industrias Culturais, que se celebrará en Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro vindeiros. A selección, que se fixo mediante unha convocatoria a produtoras e artistas, seleccionou a Carlos Núñez como protagonista do grande concerto que se celebrará na noite do sábado 1 de decembro. Segundo adiantan desde o web da feira, o gaiteiro traballa nun espectáculo "ao redor do patrimonio e rodeado de novos músicos" no que continúa a súa investigación sobre "o contacto e a pervivencia da música medieval na música tradicional".

Canda a el, o día 30 Inversa Teatro levará á feira a súa obra Sofía e as Postsocráticas "un proxecto de creación escénica de corte contemporáneo que xunto co emprego de técnicas tecnolóxicas avanzadas misturadas co emprego de marionetas a escala real, fomentan un espectáculo visual no que a partires de conceptos e ideas da filosofía grega clásica examinaremos a violencia e o maltrato machista na sociedade actual". No último día do evento, domingo 2 de decembro, programaranse as propostas de Oviravai e Xan Curiel entre a mañá e a tarde, centradas na música para o público infantil.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Feira, Carlos Núñez, Culturgal...