A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records

A formación galega gravou Stravinsky - Music for Violin, Vol.2 para a firma sueca

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Orquestra Sinfónica de Galicia entra no catálogo de BIS Records

A prestixiosa discográfica sueca BIS Records, especializada en música clásica, acaba de incorporar o traballo da Orquestra Sinfónica de Galicia ao seu catálogo. O álbum Stravinsky - Music for Violin, Vol.2 recolle a orquestra a acompañar o violinista Ilya Gringolts baixo dirección de Dima Slobodeniouk no Concerto para violín e orquestra. Ademais, inclúe pezas como a Variación de Apolo, Tango, Elexía, Balada, Suite Italiana e Divertimento. Tamén se pode escoitar a Pastoral do mesmo autor, na que participan como solistas membros da OSG como Casey Hill (oboe), Scott MacLeod (corno inglés), Juan Ferrer (clarinete) y Steve Harriswangler (fagot). A gravación realizárona técnicos da compañía sueca no Palacio da Ópera da Coruña en abril de 2017.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Ópera, OSG

Claves

Entidades
Conceptos