Un álbum interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia opta aos Grammy Latinos

Un álbum moi latino

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Concerto barroco” é o nome do álbum co que Víctor Pablo Pérez e o guitarrista cubano Manuel Barrueco son candidatos aos Grammy Latinos. A Orquestra Sinfónica de Galicia foi a intérprete dun álbum que se gravou no Pazo da Ópera da Coruña, baixo a produción de Martín Compton en decembro en 2002 e foi publicado en maio de 2005. A “Tambuco & Southwest Chamber Music” e a Sinfónica de Berlín son dous dos seis aspirantes que asistirán á gala de entrega de premios que terá lugar o 3 de novembro en Los Ángeles.

Máis información no web dos Grammy Latino e no da Sinfónica de Galicia

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Víctor Pablo Pérez, Barroco, Ópera...