Berrogüetto non gaña o Grammy Latino, pero anuncia novo disco para o 2003

O Grammy non veu

Non puido ser. O disco “Lamento negro” de Susana Baca desbancou o “Hepta” de Berrogüetto como mellor disco folk na terceira edición dos Grammy Latinos. Polo menos, e segundo nos anunciou Anxo Pintos, “Hepta” acadou o Premio da Crítica Alemana esta mesma semana. De calquera xeito, os galegos non ceden no seu empeño de conquistar as Américas e están a ultimar unha xira de presentación por este continente. Ademais, anuncian que antes do vindeiro verán publicarán novo disco. Este álbum recollerá os temas que gravaron en 1999 nun estudio portátil nas Cíes para unha serie documental sobre enerxías renovable, nun estilo moi diferente ó que nos teñen afeitos.

Máis información en:

Web de boa music; lista de gañadores dos Grammy Latinos en La Voz de Galicia;
máis sobre Berrogüetto en culturagalega.org