Comezan na Coruña unhas xornadas sobre imaxe de síntese

Bichos feitos con vectores

| Santiago. Redacción. | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O CGAI acolle dende onte as xornadas sobre imaxe de síntese “Mundos dixitais”, dentro dos cursos “Cero en conducta”. Xa falou Mike Milne, director de animación da serie “Camiñando entre dinosauros”, expondo as técnicas de realización do documental. Os fanáticos do 3D non poden perderse a de Juan Buhler, de Dreamworks, un dos participantes no proceso de creación de Shrek, ou a dos creadores de O Bosque Animado. As xornadas acollerán tamén a presentación de diferentes programas de animación e captura de movemento dixital.

Máis información en El Ideal Gallego; programa na web do CGAI

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Animación, A Coruña, Documental

Claves

Entidades
Lugares