Se queredes dedicarvos á xenética forense, esquecede as series de televisión como CSI. A realidade é moi diferente, aínda que moito máis interesante. Os protagonistas do CSI semellan estar enfadados, sempre coas caras tan serias
Os verdadeiros profesionais forenses son moito máis positivos e a súa alegría é enorme cando son quen de axudar a unha vítima ou aclarar quen cometeu un delito. No CSI, as inspeccións das escenas do crime realízanse sempre a escuras, con lanternas. Nada máis lonxe da realidade. A luz solar é o mellor aliado para detectarmos pequenos rastros biolóxicos que o infractor podería deixar na escena (unha pequena mancha de sangue, un cabelo
). E tamén, aínda que poida parecer incríbel, a realidade sempre supera a ficción: algúns dos casos que atopamos na vida real superan a mente de calquera guionista nunha serie de televisión.
A investigación forense non é tan rápida como no CSI, o que é lóxico, porque un capítulo da serie tería que durar varios días no canto de só unha hora. Pero a minuciosa investigación de cada detalle que se fai na vida real, aínda que leva o seu tempo, é moi gratificante cando logo de tanto esforzo temos unha resposta para algunha das preguntas da investigación. E abofé que nunca deixas de aprender, de xeito que no eido forense non hai marxe para o aburrimento.
Mais, cal é o papel que está a desempeñar a xenética no campo forense? Que é o ADN e como se usa? Que parte do ADN se analiza?, Que información podemos obter se aplicamos o estudo do ADN a un feito criminal? Que poderemos facer no futuro neste campo? Se queredes coñecer as respostas a estas preguntas seguide lendo!
O coñecido e mais o descoñecido
O papel sobranceiro da xenética aplicada ao campo forense é dar resposta a esta pregunta: Quen é? E esta pregunta ponnos en escenarios moi diferentes: Quen é o pai deste neno? Quen é o autor deste crime? Quen é este cadáver? Para responder a estas preguntas, precisamos comezar a partir de información coñecida. Polo tanto, no campo forense clasificamos as mostras biolóxicas que analizamos en dous grandes grupos:
a) As mostras indubidables ou de referencia, das cales coñecemos a súa orixe, é dicir, sabemos a quen pertencen.
b) As mostras descoñecidas (ás que adoitamos chamar dubidables, (aínda que o DRAG non recolle estes termos), que son as que queremos identificar, é dicir, queremos saber a quen pertencen.
De modo xeral, o ADN dos dous grupos de mostras é estudado e comparado entre si. Por exemplo, se queremos saber se unha mancha de sangue atopada na roupa dun sospeitoso pode pertencer a unha vítima dun delito de homicidio, entón analizamos o ADN da mancha e comparámolo co ADN da vítima para ver se é o mesmo.
Como sabedes, o ADN está presente en case todas as células que forman parte de cada individuo e, polo tanto, podemos analizar en principio calquera tipo de rastro biolóxico polas técnicas xenéticas: sangue, seme, mucosa bucal, pelos, uñas, ósos, dentes o que pasa é que a taxa de éxito das análises é diferente, xa que a cantidade de ADN que se pode obter varía moito dun tecido ou fluído biolóxico a outro.
¿Estudamos todo o ADN do individuo?
Pois ben, a resposta neste caso é moi sinxela: non estudamos todo o ADN, só analizamos pequenos anacos desta longa molécula. Daquela só os fragmentos nos que se acumulan as diferenzas entre os diferentes individuos son os que se estudan. A cada fragmento chamámolo marcador xenético, e cando estudamos varios fragmentos (varios marcadores), obtemos o perfil xenético do individuo. Para escribires nun artigo o perfil xenético dunha persoa, empregamos un código de números, como o que vedes na figura á esquerda destas liñas.
Estudaremos entón o perfil xenético nas mostras coñecidas (da vítima ou do sospeitoso ou dun parente dunha persoa desaparecida ) e nas descoñecidas que queremos identificar (dunha mancha de sangue na escena dun crime ou dun cadáver non identificado ). A continuación comparamos os perfís xenéticos de ambos os grupos de mostras e deste xeito podemos ver se son iguais ou diferentes. Doado, non?
Como vedes, o perfil xenético é como unha impresión dixital, agás que existe unha grande vantaxe que diferencia o ADN das impresións dixitais: o ADN é herdado e sabemos como é a súa herdanza: a metade do noso ADN provén da nosa nai e a outra metade do noso pai (figura á dereita). Esta é a característica que usamos cando facemos unha proba de paternidade ou cando queremos identificar un corpo sen vida que se atopa nun mal estado de conservación.
Hai outros tipos de ADN herdados doutro xeito e que tamén usamos ás veces, como o ADN mitocondrial ou o ADN localizado nos cromosomas sexuais (X e Y). Se queredes aprender sobre eles, só tedes que iniciar a vosa propia investigación. ¡Comezade cunha procura na Internet!
Pero aínda hai mais!: Chegamos ao futuro!
Que acontece se nun crime a policía non ten sospeitosos? É unha mágoa pero pasa moito! Entón, se detectamos un perfil xenético na escena, aínda que creamos que pertence ao autor, non podemos identificalo porque non temos un perfil de referencia para comparalo. De certo, temos o perfil xenético do autor pero non sabemos quen é logo seguirá sendo un perfil xenético anónimo. E logo, que podemos facer daquela?
Primeiro podemos ver se se atopa nunha base de datos, porque en España, como noutros países desenvolvidos, hai bases de datos de perfís xenéticos de persoas que cometeron delitos graves e onde se meten tamén perfís de ADN de mostras que se atoparon noutros delitos e aínda non se sabe de quen son.
Pero podemos facer hoxe máis: o ADN pódenos guiar na investigación, porque podemos ser quen de obter información útil sobre o propietario do perfil xenético anónimo. Mediante o estudo de certos fragmentos de ADN, podemos coñecer a posíbel orixe bio-xeográfica de quen deixou o perfil xenético no escenario. Por exemplo, poderiamos saber se os devanceiros dese doante son subsaharianos ou europeos ou asiáticos orientais. E mesmo nalgúns casos a súa cor de ollos ou de cabelo. Esta aplicación do estudo do ADN chámase determinación forense do fenotipo e úsase basicamente como ferramenta de investigación para reducir o número de posibles sospeitosos.
Porén non podemos facer un retrato robot real con todas as características físicas da persoa que estamos a buscar por mor de que hai moitas características físicas complexas, que non dependen só dunha peza de ADN senón de moitas que están por descubrir. Mais aí estades vos, que sodes o futuro e teredes éxito de facelo decontado. Ánimo e a investigar!

*Escrito por Lourdes Prieto e Aurora Prieto
Lourdes Prieto é membro do Grupo de Medicina Xenómica do CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela e Aurora Prieto é filóloga