Luar na Lubre presentou o seu novo traballo musical como a "banda sonora" da Ribeira Sacra, unha produción na que colabora a Deputación de Ourense e que foi gravada o outono pasado no mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), conxugando natureza, tradición e etnografÃa, e incorporando por primeira vez nunha composición musical o idioma do afiador, o barallete.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co lÃder do grupo, Bieito Romero; o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago, e o músico Félix Castro, presentaron onte no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" este traballo discográfico e os concertos que ofrecerá o grupo no Teatro Principal de Ourense os vindeiros 2 e 3 de xuño, e contará coa colaboración de artistas como VÃctor Manuel, Brais Maceiras, Irma MacÃas, Astarot, Félix e Castor Castro Vicente, Marisa Valle Ros, e a Coral de Ruada.
Bieito Romero remarcou que esta gravación "tocoume no corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, nos fixo arrancar con moita tristura". Romero lembrou o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical. "Fomos polas aldeas a falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres..., de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra; con elo, a nosa pretensión foi acadar unha banda sonora humana e natural".
O traballo discográfico Ribeira Sacra recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido. O proxecto ten como obxectivo pór en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra ourensá.