Entre a Antigüidade tardÃa e a Alta Idade Media a Ribeira Sacra inzouse de pequenos eremitorios cos que os cristiáns ocupaban un espazo que, séculos despois, serÃa repensado como espazo de intenso cultivo vitÃcola que chega ata hoxe. Estes eremitas procuraron o retiro espiritual e a lápida de San Pedro de Rocas establece unha data moi temperán para o que parece ser máis antigo mosteiro: o ano 573, asà como uns posibles monxes que herdan ese lugar. O prestixioso artista ourensán Acisclo Manzano repensou e recreou esta historia das orixes. "Os primeiros eremitas, os seus herdeiros, e os herdeiros destes seis aos que engadimos o cabaleiro Xerondo e os compañeiros que o acompañan, son os protagonistas da miña obra Eremitas", asegura Acisclo Manzano. O autor elaborou pezas de arxila que "é unha homenaxe aos homes e mulleres que decidiron perderse no deserto verde". A exposición pódese visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense ata o 14 de xaneiro.