De eremitas e penedos

Un roteiro para chegar desde Ourense ata o fermoso mosteiro de San Pedro de Rocas

| Santiago. Redacción | Seccións: Roteiros
Compartir:
Mosteiro de San Pedro de Rocas

Mosteiro de San Pedro de Rocas

Desde a Ponte Romana de Ourense parte este roteiro de 18 quilómetros que nos achega ata o mosteiro máis antigo da Ribeira Sacra: San Pedro de Rocas. Un itinerario que nos mergulla nas orixes do mundo medieval e nos permite coñecer o rico patrimonio das proximidades da cidade de Ourense.

San Pedro de Rocas, no concello de Esgos (Ourense), é un dos mosteiros máis antigos de Galicia e de Europa, aínda en pé. Unha inscrición aparecida no mosteiro falaba de que no ano 573 este fermoso lugar servía de refuxio a numerosos eremitas. Aínda que o lugar foi abandonado, a arqueoloxía demostrou que no século IX San Pedro de Rocas xa existía como mosteiro. Un cazador chamado Xemondo localizaría as súas ruínas de novo no século XI. E comezaría a última vida do mosteiro, que nos chega ata hoxe.

Para chegar a el, subimos desde a Ponte Romana de Ourense por un sinxelo roteiro de 18 km. Este itinerario foi organizado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e os directores do proxecto foron José García Calvo e Beatriz Vaquero.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Andar con pés de coiro

Andar con pés de coiro

Localizan unha sorprendente colección de calzado medieval no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, San Pedro, Ribeira Sacra, Arqueoloxía...