Cinemas de Galicia chegará a seis concellos

A nova xeira do circuíto de Agadic achega un catálogo de vinte filmes a vilas sen salas de proxección

A incorporar Cangas e coa baixa de As Pontes, a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba onte a nova xeira do ciclo Cinemas de Galicia. En total serán seis concellos os que entre maio e xuño proxectarán en 19 sesións os filmes incluídos no catálogo desta iniciativa. Entre as 20 películas que se poderán ver inclúense producións galegas como o documental Vigo 1972 ou Santoalla. Bueu abre as proxeccións desta quinta edición do programa, que busca levar proxeccións a vilas que carecen de salas de cinema. Canda a este concello, en Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove participan deste proxecto, e para a segunda metade do ano incorporaranse Allariz e Foz.