Cinemas de Galicia amplíase a dez concellos

Allariz, Celanova, Cedeira, O Grove e Cariño incorpóranse á iniciativa de exhibición

25/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O programa Cinemas de Galicia, que da man da Axencia Galega das Industrias Culturais leva proxeccións audiovisuais a concellos sen salas de cinema, medra na súa terceira edición.
Allariz, Celanova, Cedeira, O Grove e Cariño incorporaranse a esta rede destinada, na que repiten os concellos do Carballiño, As Pontes, Foz, Ortigueira e Redondela. Descólganse da proposta, no entanto Sanxenxo e Verín, que estiveran presentes en anteriores edicións. Segundo anunciou esta mesma semana a AGADIC, a iniciativa contará cun novo catálogo de películas "cunha presenza destacada do cinema galego xunto a producións españolas e europeas avaladas pola crítica e por importantes premios e festivais".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Allariz, Cedeira, Grove...