Unha nova proposta para incrementar a oferta cinematográfica do país en lugares onde non hai salas e achegar máis títulos galegos ás pantallas. Este é o espírito co que a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba esta mañá Cinemas de Galicia. A nova rede ponse en marcha en catro concellos, As Pontes de García Rodríguez, Foz, O Carballiño e Sanxenxo, cada un dos cales proxectará un mínimo de oito películas, das que cando menos cinco serán galegas. Os programadores poderán escoller entre un catálogo de 18 filmes entre os que se atopan once producións galegas en fase de explotación comercial.
Entre os títulos que conforman este catálogo está Inevitable, de Jorge
Algora; La tropa de trapo en la selva del Arco Iris, de Álex Colls; El árbol magnético, de Isabel Ayguavives; Arraianos, de Eloy Enciso; O ouro do tempo, de Xavier Bermúdez; Costa da Morte, de Lois Patiño; 9 ondas, de Simone Saibene; A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión; Meñique, de Ernesto Padrón; Los increíbles, de David Valero, e Encallados, de Alfonso Zarauza. Completan a oferta sete filmes europeos actuais.