A Axencia Galega das Industrias Culturais anunciaba onte que a Rede Galega de Música ao Vigo ofertará no primeiro semestre desde 2016 un total de 126 concertos e actuacións. A cifra total é igual á do pasado ano, aÃnda que medra a presenza de propostas non estritamente musicais. AsÃ, poderán verse no seo desta iniciativa 116 citas musicais protagonizadas por 49 grupos ou solistas, seis representacións escénicas e catro propostas de maxia, fronte aos 120 concertos e seis espectáculos que se puideron ver no mesmo perÃodo de 2015. Como novidade, incorpóranse ao programa cinco novas salas, O Con do Moucho das Illa de Arousa, A Cova dos Trasnos das Pontes de GarcÃa RodrÃguez, Bar O Latas de Celanova, Pub O MuÃño de Cervo e a Sala Sónar de Santiago de Compostela. Con estas incorporacións, o proxecto alcanza un total 33 espazos en 23 localidades do paÃs.