A convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais para participar na Rede Galega de Música ao Vivo e mais na de Salas deu este ano en novas incorporacións a estes circuÃtos. No campo musical, son sete as salas de concertos que se suman á rede: A Reserva de Carballo, A Ventana de Laxe, Var con Uve de Moaña e mais A Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Capitol e Moon en Santiago. En total son 34 espazos en 23 localidades os que están adheridos a esta iniciativa, pola que se cofinancia a realización de concertos.
Ao tempo, a Rede Galega de Salas, centrada nas artes escénicas, incorpora tres novos espazos: Gurugú na Coruña, Ingrávida no Porriño e a Sala de TalÃa en Santiago, co que suma un total de seis espazos en cinco localidades do paÃs.