A Rede Galega de Música ao Vivo, un dos circuÃtos de exhibición de espectáculos que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e que conta tamén coa colaboración da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo (Clubtura), inicia esta semana a súa nova temporada de programación semestral cos concertos de Caxade, Eladio y los Seres Queridos, Alfredo GarcÃa Quintet e Los Mecánicos en distintas salas galegas. O semestre abriuno onte o directo de Caxade sobre o seu novo disco E isto é o amor na Sala Aturuxo de Bueu; en tanto que Eladio y Los Seres Queridos presentarán Cantares o xoves 20 en A Ventana de Laxe. Ese mesmo dÃa soará o jazz de Alfredo GarcÃa Quintet no Garufa Club da Coruña. O circuÃto continuará a desenvolverse ata finais de decembro cunha programación de 111 concertos e actuacións nas 31 salas asociadas de 20 localidades de toda Galicia. A suma das capacidades dos recintos integrantes dá como resultado un total de 5.710 localidades para esta rede.
A carteleira está composta maioritariamente por solistas e bandas galegos, como son os casos de Tanxungueiras, IGMIG; Blues do PaÃs, DakidarrÃa, Agoraphobia, Emilio Rúa, Cora Sayers, Raiba, Igloo, Brinkadelia Troupe, Gelria, Habelas Hainas ou Bicos con Luvas, entre outros. Complétase con dúas actuacións de maxia a cargo do Mago Deime. Esta rede ten como obxectivo prioritario atender as necesidades de distribución dos grupos e intérpretes musicais galegos de moi diferentes estilos, ademais de contribuÃr á estabilidade na programación das salas galegas de música en directo. Moitos destes artistas galegos e outros máis ata un total de 69, optan tamén estes dÃas a entrar no circuÃto de actuacións Girando Por Salas (GPS) patrocinado polo Instituto de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) e coordinado pola Federación Coordinadora del CircuÃto de Músicas Populares. Esta programación de actuacións en salas ofrece a artistas emerxentes a posibilidade, non sempre ao seu alcance por causas económicas de rendibilidade do investimento necesario, de levar a súa música a recintos máis alá da súa propia comunidade autónoma. Entre outros requisitos os artistas que se presentan para participar teñen que pasar por unha votación popular a través da rede para resultar seleccionados. O prazo de votación está actualmente aberto para apoiar a eses artistas ata as 18:30h do vindeiro dÃa 21 de xullo.