Ruth Berckermann e Pablo Sigg levan o premio do Play-Doc

Preto de 8.000 persoas visitaron o festival de documentais de Tui

Onte fechaba as súas portas a edición máis longa do Play-Doc. O Festival Internacional de Curtametraxes de Tui puña fin logo de seis días á súa décimo cuarta xeira a cifrar en 8.000 o número de visitantes. Ao tempo, daba a coñecer o premio do xurado, composto nesta ocasión polo crítico e programador Roger Koza e polas responsables de programación da Cinemateca Francesa e da plataforma MUBI, Caroline Maleville e Chiara Marañón, respectivamente. Finalmente, dos cinco filmes a competición, a comisión por vez primeira outorgar o premio ex-aequo. The Waldheim Waltz de Ruth Berckermann e Lamaland (Teil I) de Pablo Sigg foron os traballos galardoados, xa que o xurado considerou que "coas dúas películas, Play-Doc insta a súa audiencia a cuestionar as formas de representación no cinema contemporáneo e así mesmo a continuar cun traballo crítico sobre os conceptos de ficción e non ficción".