Óliver Laxe suma un novo premio coa súa ópera prima ao vencer en Play Doc

Jay Rosenblatt gaña o premio á mellor curta por The D Train

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Todos vós sodes capitáns engade un novo premio ao seu xa amplo palmarés. Nesta ocasión trátase do premio grande de Play Doc, o festival de documentais de Tui. O Xurado recoñeceu a fidelidade a “a un concepto cinematográfico” no que hai diferentes niveis e porque devolve “a esperanza no cinema como ferramenta para o diálogo entre seres humanos”. O premio está dotado con 5.000 euros. O xurado composto polos especialistas Veton Nurkollari, María Campaña Ramia e Artur Liebhart, outorgou a Jay Rosenblatt o premio a mellor curta. Os 2.000 euros foron para The D Train por “conducirnos durante cinco minutos por unha viaxe a través da vida, liviá no seu sentir e profunda no seu significado”. O xurado tamén fixo unha mención especial para The Arbor da británica Clio Barnard.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ópera, Documentais, Tui

Claves

Lugares