A Casa do Concello de Boborás acollÃa o pasado sábado 28 de abril o fallo da XXIII Edición dos Premios Antón Losada Diéguez que recoñecen traballos publicados no noso paÃs ao longo do último ano nas categorÃas de Creación Literaria e mais de Investigación e ensaio. A obra Manuel Antonio. Unha vida de rebeldÃa, publicada por Xerais, valeulle a Xosé LuÃs Axeitos facerse co segundo destes premios. O xurado destaca que se trata de "unha achega moi ben definida á vida do poeta rianxeiro, analizada por un investigador de grande altura que leva moitos anos dedicado a desvelar o misterio do autor recoñecido dende sempre, pero non sempre ben coñecido. Con este libro o profesor Axeitos culmina o seu proxecto de presentarnos a Manuel Antonio, o poeta vangardista e o cidadán liberado de convencionalismo, tal cal foi, sempre á procura da liberdade" no que califican como "un traballo filolóxico monumental. Extraordinario traballo de investigación nos diversos campos e no que prima o selo contrastado sobre calquera especulación".
Pola súa banda, o xurado seleccionou como vencedora na categorÃa de creación literaria Terradentro de Xosé Benito Reza, tamén publicada por Xerais. Segundo apunta o fallo, “esta obra, escrita nun galego de grande riqueza, e cunha firme raÃz, ou variante lingüÃstica ourensá, achéganos a un mundo a piques de desaparecer, con personaxes moi ben trabados e construÃdos". No argumento destacan "a perda do equilibrio e da perfecta simbiose do pasado, xunto coa recreación e a evocación da paisaxe determinan un ritmo áxil e atractivo" que segundo o xurado fan que a novela recolla "o mellor da narrativa galega do pasado, en concreto a descrición dos lugares e dos accidentes xeográficos, introducindo novidosos elementos de avangarda que fan da novela o retrato literaturizado da realidade da Galicia interior.”
Ana Patricia Torres, Diego Fernández, Manuel Doval, Chus Pato, Francisco Calo, Pegerto Saavedra, MarÃa Teresa López, Xosé Manuel Salgado e Henrique Costas, que non puido asistir á deliberación final, foron os encargados da selección.
Cada un dos gañadores levará un premio en metálico de 6.000 euros e recibirá o seu galardón nun acto que se celebrará o vindeiro 9 de xuño.