Os concellos do Carballiño e de Boborás daban a coñecer este 29 de abril o fallo dos premios Antón Losada Diéguez. Nos dÃas encantados de agosto de Manolo González obtivo a vitoria na categorÃa de Investigación e Ensaio, mentres O tradutor de sombras de Moncha Fuentes impúxose na de Creación Literaria. Cada un dos gañadores recibirá un premio en metálico de 6.000 euros.
Os galardóns recoñecen obras publicadas ao longo do último ano presentadas a concurso polas editoriais. O xurado destacou do traballo de González que se trata "dun libro orixinal e novidoso que dá a coñecer a vida e obra dun artista excepcional ata agora descoñecido: o fotógrafo e cineasta José Gil. Destaca a súa redacción case novelesca, detectivesca, divertida e moi doada de ler, asà como a orixinal contribución á historia da fotografÃa, do cinema e do audiovisual galego". Encol da obra de Fuentes, o fallo destaca o ser "unha novela que incita a experimentar e gozar cos cinco sentidos, unha invitación á reflexio´n qeu conmove e remexe os sentimentos".
O xurado do galardón estivo composto polo edil de Cultura de O Carballiño, Diego Fernández, Celia Pereiro, en representación da Real Academia Galega, Rebeca Blanco, do Consello da Cultura Galega, Xosé Carlos Sierra, do Museo do Pobo Galego, Luis E. González Tosar, da Diputación de Ourense, Rosa MarÃa Pérez polo Concello de Boborás, Ernesto Xosé González, da USC, Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo e Xosé Manuel Sánchez Rei, da Universidad da Coruña.