Carlos Negro (LalÃn, 1970) ten a honra de ser recoñecido como o autor máis lido polas lectoras e lectores que formaron parte dos Clubes de lectura no curso 2016/2017. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos vén de publicar a resolución pola que se concede este premio anual ao profesor e poeta Carlos Negro. O galardón seralle entregado o vindeiro 1 de xuño no marco da XI Xornada dos Clubs de Lectura.O recoñecemento ten como obxectivo poñer en valor o labor de autores galegos que facilitan coas súas obras a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese das persoas que toman parte nos clubes, contribuÃndo á construción de novos lectores e lectoras na etapa da adolescencia. O premio creouse no ano 2015, e dende entón recibÃrono AgustÃn Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016) e Miguelanxo Prado (2017).Carlos Negro é profesor de lingua e literatura galega, escritor e poeta. Entre outros recoñecementos, ten recibido o premio Johán Carballeira polo poemario Héleris (2003), o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008), o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra de literatura infantil e xuvenil por Penúltimas tendencias (2014), e o premio de poesÃa Fiz Vergara Vilariño no 2016 por Tundra.