O concurso Youtubeir@s repartiu os seus premios

Consellos para escapar da familia, a historia da expedición Balmis e canle Nubes Baixo Ti foron as propostas galardoadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O concurso Youtubeir@s repartiu os seus premios

Unha gala no Teatro Colón da Coruña a noite do pasado venres daba a coñecer os proxectos vencedores da segunda edición do certame Youtubeiros. O xurado, composto por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño seleccionou os gañadores entre os 230 proxectos presentados. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo Como escaquearse dunha comida familiar, de As cousas do Choio. Entre os proxectos de vídeo-opinarmos, foi galardoado A expedición Balmís e a vitoria da vacinación, de Xacobe de Toro Cacharrón, mentres o premio á mellor canle levouno Nubes Baixo ti. Cada un dos premiados levan 1.000 euros de premio.

O galardón de creatividade foi para Os cazapantasmas vídeo-facermos, de Moustache Media Producciones, mentres O galego Fermoso (e o que non o é tanto) de Aquel-e levou o de eficiencia comunicativa. A categoría da calidade técnica conquistouna Viaxar, de Aarón Vilariño Figueiras, e a de calidade lingüística foi para Reivindicación oceánica, de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, recoñeceu o vídeo Como dar cartos ás agachadas, tamén da canle As Cousas do Choio. Estes galardóns contan cunha dotación económica de 500 euros.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón da Coruña, Vitoria, Xosé Iglesias...