Pistacatro integra malabares e música no seu novo proxecto

Orquestra de Malabares conta coa colaboración das bandas de música locais

| Santiago. Redacción | Seccións: Circo
Compartir:
Pistacatro integra malabares e música no seu novo proxecto

O Coliseum da Coruña acollía este luns nove de abril a estrea da nova montaxe de Pistacatro. Orquestra de Malabares é un espectáculo que narra "as corredorías que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ó chegar ó momento da actuación perante o público". Con dirección musical de Manuel Paino, a proposta integra o traballo de bandas de música locais coa actuación de seis malabaristas ao ritmo do son. Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Santi Montero, Guillermo Porta e Xampi poñen en escena o novo espectáculo, que se desenvolveu mediante unha residencia na Sala Agustín Magán de Compostela.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pistacatro, Espectáculo, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos