Os malabaristas toman Ames no primeiro encontro internacional desta arte

Haberá programa formativo diurno e galas e concertos nocturnos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Este tipo de encontros son moi habituais noutros lugares, nos que os malabaristas se xuntan e fan desde galas, concertos…” afirma Xosé Expósito, membro da Asociación de Novo Circo e Cabaré Gallega, as dúas entidades que fan posibles a celebración do Primeiro Encontro Internacional de Malabares. Unha cita que se desenvolve esta fin de semana en Ames e na que está programada olimpiadas, galas, concertos, muñeiras, cariokes, lanzamentos de queixo de tetilla.. Un programa de actividades que dura case as vinte e catro horas. “Son festas de continuidade” apunta Xosé, no que hai oco para formación (os obradoiros e os “puntos de encontro), e para a animación (gala de malabares, gala de circo, e outras actividades como o”os renegados”, para malabaristas non profesionais). A cita, bautizada co nome do Retruke, desenvólvese desde o venres 15 ata o sábado 17.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A hora do circo

A hora do circo

Un ciclo exhibe as relacións do circo con outras artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ames, Animación

Claves

Conceptos
Lugares