Seis empresas galegas participan desde hoxe e ata o 11 de abril no mercado MIPTV de Cannes como parte da misión comercial na meirande feira mundial para a comercialización de todo tipo de formatos, programas e contidos dixitais para televisión. Representantes de Adivina Producciones, CTV Televisión, Maruxiña Films, Pórtico de Comunicación, Treeline Distribution e Voz Audiovisual viaxan a Cannes para buscar socios e compradores internacionais tanto para os seus novos proxectos como para os produtos xa en fase comercial. MIPTV é unha das máis importantes citas internacionais do sector cara á produción e comercialización de todo tipo de formatos, programas e contidos para televisión. O evento reúne cada ano uns 11.000 profesionais dun centenar de paÃses, entre os que preto de 4.000 rexÃstranse como compradores.
Teresa Frnández-Valdés será unha das catro persoas galardoadas cunha medalla de honra do MIPTV de Cannes este ano. A organización do evento internacional recoñece deste xeito o labor desta profesional do audiovisual á fronte de Bambú Producións. Nada e formada en Galicia, Fernández-Valdés foi responsable de proxectos de grande éxito internacional como son Gran Hotel, Velvet, Refuxiados, Las chicas del cable ou, máis recentemente Fariña, que están a abrir novos mercados ás series de ficción desenvolvidas no Estado.
A organización desta delegación insÃrese nas accións de promoción exterior do audiovisual galego que a Xunta desenvolve nos principais encontros internacionais do sector baixo a marca Films from Galicia, asà como a través da convocatoria de subvencións para a difusión do noso audiovisual en festivais de prestixio. O punto de encontro desta misión institucional e empresarial é o espazo da marca Films from Galicia dentro do pavillón español, organizado polo Instituto de Comercio Español (ICEX). CTV Televisión, presenta no mercado Tres flores sen piedade, proxecto en fase de desenvolvemento arredor dunha historia sobre tres mulleres que, a finais dos sesenta, emprenden unha vida delituosa para asegurar o futuro da súa familia. A Axencia Galega de Industria Culturais (Agadic) está a distribuÃr a nova edición do seu catálogo de produtos cinematográficos e televisivos, que no apartado TV from Galicia recolle proxectos de series como Hierro (Portocabo) e As crisálidas (Matriuska Producciones) e formatos de entretemento como Historias mÃnimas (Tamboura Films) e O sal da terra, A vida é doce e Casamos! (Zenit Televisión). O catálogo tamén ofrece información sobre series xa rematadas, na procura de vendas internacionais como a coprodución galego-catalá Os fillos do sol, Juana de Vega, vizcondesa do arado, Camiños de irmandade, RosalÃa de Castro, Vidago Palace e Viradeira.