O Sorriso de Daniel advirte que hai 50 edificios románicos excluídos da declaración BIC da Ribeira Sacra

Rematou o prazo de alegacións á incoación do expediente BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Acaba de rematar o prazo de alegacións ao expediente de incoación como Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra (o documento que di que debe ser protexido e como). Este proxecto da Xunta de Galicia presentouse como paso previo á súa candidatura como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. A Asociación O Sorriso de Daniel presentou un documento de alegacións denunciando que no expediente fican excluídos "máis de 50 edificios románicos" da zona, que o "mapa trazado a mano alzada escapando dos núcleos de poboamento para non comprometerse coa súa rexeneración", que o expediente carece dun "estudo do estado dos bens que van ser froito da incoación e moito menos das obras de conservación que deberían ser motivo de actuacións de urxencia" e que o documento focaliza as medidas de protección sobre os viticultores pero "déixase a porta aberta a actividades como a minería, a siderúrxica ou a enerxética".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade, Ben de Interese Cultural, UNESCO...