Guillermo Rodicio e Leticia Barbadillo fanse o I Premio de Relato Curto Agustín Fernández Paz

O xurado outorgou dous accésits na primeira xeira do certame

3/4/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais a Universidade da Coruña daban a coñecer onte o fallo do I Premio de Relato Curto Agustín Fernández Paz. O xurado, composto por Iria Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas acordou outorgarlle o galardón ex aequo a dous autores. Guillermo Rodicio, polo traballo Gadoupa e Leticia Barbadillo, por Timbrol e a pega. Ademais, os relatos O trato de María de los Ángeles Madriñán e Rezar ao dragón da autoría de Verónica Pazos, recibiron cadanseu accésit. Os traballos galardoados exporanse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Leticia Barbadillo, Agustín Fernández Paz, Universidade da Coruña, Mercedes Queixas...