Adolfo Caamaño faise co certame Modesto R. Figueiredo

Diego Giráldez e Lionel Rexes gañaron cadanseu accésit

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Pin Ball do Pombal é o título do relato co que o pontevedres Adolfo Caamaño Vázquez acaba de se facer do certame Modesto R. Figueiredo de narracións breves. O gañador impúxose entre os 45 orixinais presentados e leva os mil euros en metálico do galardón. O xurado outorgou tamén dous accésits de 400 euros que foron para Diego Giráldez por Sagradas escrituras e mais para Lionel Rexes Martínez polo seu traballo Bocskai. O certame que convoca a Fundación do Pedrón de Ouro e coa colaboración do Concello de Teo tivo como xurado a Mercedes Queixas, Eli Ríos, X.M. Regueira, Manuel Guede, X.R. Fandiño e David Otero.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Caamaño, Lionel Rexes, Diego Giráldez, Diego Giráldez...