A vila de Corme é o escenario da primeira producción de Marise Brostel

Sexo, terror e fantasías en "A Mercería"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Costa da Morte e A Coruña serán durante cinco días o escenario de A Mercería, unha curtametraxe da brasileira afincada na Coruña Marise Brostel . Doce minutos nos que actores tan coñecidos como Manuel Millán recrearán unha fantasía de terror sexual.

Sinopse

"A Mercería" ´é unha historia na que se "insiste no absurdo da vida que ás veces invade á morte", insiste Pepo Alba, a súa guionista. Unha fantasía que amalgama terror e sexo en doce minutos.



Os escenarios escollidos para a realización desta cortametraxe son A Costa da Morte e A Coruña. Localizacións que albergarán a rodaxe durante cinco días. Hoxe está previsto que se rode en exteriores na vila de Corme, e esta fin de semana o equipo de gravación trasladarase á Coruña para rodar no polígono de Elviña. Unha producción independente, pero que tamén conta con axudas e subvencións, sen as que non sería posible, segundo a realizadora Bárbara Zamuz, en proxectos destas características.

Caras coñecidas

A Mercería recupera abondosas caras coñecidas para o público galego. Manuel Millán é o protagonista deste curto, no que encarna a Antonio, un home virxe de 30 anos, ó que lle pasan cousas surrealistas. Millán conta no seu haber, a participación en series como "Pratos Combinados", "Un chupete para ella" e en filmes como "Año Mariano" e "París Tombuctú". Este último serviulle para cumprir un dos seus soños, ó traballar cun "maestro como Berlanga".

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Morte, Manuel Millán, Costa da Morte...

Claves

Protagonistas
Conceptos