O MIPTV premia a Teresa Fernández-Valdés

A responsable de Bambú Producións recibirá unha das catro medallas de honra do evento francés

8/3/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A galega Teresa Fernández-Valdés será unha das catro persoas galardoadas cunha medalla de honra do MIPTV de Cannes. O principal mercado televisivo do mundo, que se celebra en Cannes entre o 9 e o 12 de abril recoñece deste xeito o labor desta profesional do audiovisual á fronte de Bambú Producións. Nada e formada en Galicia, Fernández-Valdés foi responsable de proxectos de grande éxito internacional como son Gran Hotel, Velvet, Refuxiados, Las chicas del cable ou, máis recentemente Fariña, que están a abrir novos mercados ás series de ficción desenvolvidas no Estado.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes

Claves

Lugares