Dous galegos vinculados ao premio Óscar por Una mujer fantástica

A produtora Fernanda del Nido e o compositor musical Nani García participaron no filme

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A película chilena Una mujer fantástica, gañadora do Óscar á mellor película en lingua estranxeira a pasada noite, conta coa participación dunha produtora moi vinculada profesionalmente a Galicia, Fernanda del Nido, que achegou a participación española desde a súa produtora Setembro Cine. Del Nido formouse entre Arxentina en Galicia, traballou en empresas galegas como Dygra ou fundou a produtora coruñesa TicTac Producciones, aínda que na actualidade a súa produtora está radicada en Vilanova i la Geltrú. Tamén o compositor Nani García, compuxo varios dos cortes da banda sonora do filme. Una mujer fantástica chegou aos óscar precedida xa de varios premios e está dirixida por Sebastián Lelio.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nani García, Cine, Cortes, Dygra...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos