Nani García fai parte dunha candidatura aos Óscar

O músico galego asina parte da banda sonora de Una mujer fantástica

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Nani García fai parte dunha candidatura aos Óscar

O filme chileno Una mujer fantástica que acaba de obter a candidatura a mellor fita en lingua estranxeira dos Óscar de Hollywood, conta con presenza galega entre os seus creadores. O músico Nani García asina varias pezas da banda sonora desta produción, na que Matthew Herbert levou o peso principal. García elaborou as súas composicións de xeito libre e sen interactuar coa música de Herbert, segundo explica hoxe en La Voz de Galicia. O músico coruñés actuará o vindeiro 3 de febreiro na coruñesa Sala Garufa nun concerto co seu trío acompañado polo Quinteto Cimarrón para presentar o seu último disco, Cinematojazzía.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nani García, La Voz de Galicia, Hollywood

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares