Trala noticia da posta á venda do Pazo de Meirás pola familia Franco, a Deputación da Coruña presentou hoxe pola mañá un adianto do informe xurÃdico sobre a situación legal do inmoble encargado pola Deputación da Coruña por decisión da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás. Un dos obxectivos é "anunciar as persoas que queiran participar na súa compra, dos problemas que ten a propiedade, froito dunha apropiación ilÃcita", asegurou Goretti SanmartÃn. E eses problemas, según o informe, serÃan que se "confirma a posibilidade de recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público, a través dun proceso xudicial". Segundo o documento, o contrato de adquisición serÃa nulo xa que "a partir da doazón de 1938 o Pazo de Meirás serÃa automaticamente considerado un ben público e xa que logo non afectarÃa a usurpación xa que non prescribe". Para o avogado Xabier Ferreira, coordinador do informe xurÃdico, hai unha serie de elementos técnicos que invalidan o paso da propiedade a Franco. Por outra banda, a Deputación da Coruña tamén fixo público un documental sobre o pazo de Meirás. A semana pasada, Anova e outras voces presentou no Parlamento unha proposición non de lei instando á Xunta a iniciar un proceso xurÃdico baseada precisamente na nulidade do contrato. O informe será presentado á Xunta pro Devolución do pazo o vindeiro 1 de marzo, onde se estimarán os seguintes pasos. Goretti Fernández SanmartÃn sinalou a posibilidade de que a Deputación participe nunha acción legal sobre a propiedade sempre que sexa levada a cabo por un "conxunto de administracións".
Mira o documental sobre o Pazo de Meirás
Mira o documental sobre o Pazo de Meirás