Rinoceronte publica en galego Pyongyang de Guy Delisle

David Rubín inicia a publicación do segundo volume de Ether en Estados Unidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Rinoceronte publica en galego Pyongyang de Guy Delisle

A colección de novela gráfica de Rinoceronte Editora semella estar a vivir un novo impulso logo de varios anos sen novidades. Ao lanzamento de Maus o pasado ano súmase agora Pyongyang de Guy Delisle. A aclamada obra na que o autor narra as súas visitas a Corea do Norte conta foi vertida á nosa lingua por Belén Poutón e contou co apoio dunha axuda da Xunta á tradución.

Pola súa banda, a editorial estadounidense Dark Horse anunciou para o vindeiro mes de maio o lanzamento do número un da segunda serie de Ether. O ourensán David Rubín continúa a traballar os guións de Matt Kindt nas aventuras entre dous mundos desta historia, que leva por título Ether: The Copper Golems. O autor, que continúa tamén coa publicación de Rumble en Image, acaba de ver atrasada a publicación de Cuaderno de tormentas da man da vasca Astiberri por un problema na impresión que levou a retirar a primeira tiraxe do título cando ía ser distribuída.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Estados Unidos, Tradución, Rinoceronte Editora...

Claves

Protagonistas
Conceptos