A Mesa e AGAL propoñer recuperar os nomes tradicionais dos días

Defenden a súa recuperación nos medios de comunicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Imaxe da campaña

Imaxe da campaña

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua iniciaron hoxe a promoción dunha campaña conxunta para recuperar os "nomes tradicionais dos días da semana: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado". Segundo as dúas entidades, estes nomen foron usados maioritariamente "ata ben entrado o século XX" e propoñen a volta parcial ou total ao seu uso "moito emblemático dos países lusófonos, despertando o noso orgullo pola pertenza a este tronco lingüístico, por ser un sistema único do galego-portugués entre todas as linguas do mundo, e o seu nacemento está intimamente vinculado ao Reino da Galiza". Propoñen a adopción dun banner para publicitar o seu uso.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, AGAL, Medios de comunicación, Portugués...