Hoxe arranca en Frankfurt a Feira do Libro máis importante do mundo

O libro: protagonista

A literatura de Euskadi e os medios electrónicos son os protagonistas dunha nova edición da Feira do Libro de Frankfurt. Unha feira ata a que se desprazaron representantes das editoriais galegas e a Xunta de Galicia.


A aportación editorial galega



Galaxia, Xerais, Tambre, Sálvora, A Nosa Terra, Espiral Maior, Rodeira, Lea e a Consellería de Cultura son algunhas das editoriais galegas que a partir de hoxe presentan as súas novidades na feira do libro de Frankfurt. Un pequeno stand acollerá en Frankfurt as presentacións e o traballo editorial das industrias culturais galegas durante todo este ano.











A victoria dos soportes




Un de cada catro expositores ofrecerán productos dixitais, que se perfila así como unha das máis prometedora alianzas da industria editorial. Tanto que este mesmo ano se creou un premio especial para libros en formato electrónico que se subdivide en seis categorías.

A producción editorial en galego

Mentres as editoriais presentan as súas novidades na feira do libro máis importante, a Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, avanca os primeiros datos estatísticos sobre a industria editorial en todo o Estado Español. Segundo este ministerio. a producción en galego rexistrou no ano 99 un incremento do 8´3%. Un feito que confirma a tendencia á alza que se manifesta dende hai anos.