Pontevedra volta ao medievo esta fin de semana coa celebración da Feira Franca

Francamente, feira

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Feira Franca de Pontevedra chega esta fin de semana á súa quinta edición centrando a súa ambientación, desta volta, nas revoltas irmandiñas do século XV. Ademais dos xa tradicionais mercados medievais, haberá unha representación teatral sobre estes feitos históricos a cargo do grupo Migallas e a Asociación Recreativa de Xeve. As rúas encheranse de animación cos abondosos xantares que organizan diferentes asociacións e colectivos da cidade, números musicais e danzas medievais.

Máis información no web da Feira Franca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Pontevedra, Animación, Asociacións

Claves

Lugares