O galego Carlos Martinón é nomeado novo profesor de arqueoloxía de Cambridge

Traballará en áreas de avangarda para as ciencias do pasado

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O ourensán Marcos Martinón (1977) acaba de ser nomeado Profesor de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge (Reino Unido), un dos postos máis prestixiosos e cobizados do mundo neste ámbito científico. Martinón xa era previamente catedrático de arqueoloxía do University College de Londres. "Forxará unha excitante nova dirección para a arqueoloxía de Cambridge, cara o analítica máis avanzada de materiais e a práctica e filosofía da ciencia arqueolóxica coma un todo", sinala o director do departamento de Arqueoloxía de Cambridge, Cyprian Broodbank, na nota oficial da universidade na que se dá conta do nomeamento. Martinón estudara Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Ciencia, Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela...