Un total de 140 GB de información correspondente aos webs aloxados baixo un dominio .gal pasarán a estar custodiados na Biblioteca de Galicia. A Biblioteca Nacional de España realizou en decembro, por vez primeira e por encarga da súa homóloga galega, unha recolleita de datos destas páxinas, das cales aproximadamente a metade non ten contido. Da outra metade, segundo informa a ConsellarÃa de Cultura, un 26% recolectouse na súa totalidade, mentres que o resto alcanzou o lÃmite de tamaño de 150 MB por dominio. Os datos colleitados pasarán a se integrar na colección web de Galicia e e mais no depósito legal electrónico que custodia a Biblioteca de Galicia. A ConsellarÃa sinala que "a preservación dos contidos dos sitios web que alcanzaron o lÃmite de 150 MB complementarase con recoleccións selectivas xestionadas pola Biblioteca de Galicia, tamén en colaboración coa BNE".