Destacadas personalidades do mundo do cinema acudirán durante esta semana ó Seminario sobre La Vía Láctea. Luis Buñuel que se desenvolve esta semana organizado pola Universidade de Santiago en Colaboración co Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais. As xornadas pretenden afondar na figura dun dos directores máis internacionais da cinematografía española.
Conferencias
Entre as actividades do ciclo están programadas varias conferencias sobre o coñecido director español. A de hoxe, que e celebrará ás oito da tarde no Auditorio da Universidade, contará coa participación de Ángel Luis Hueso, coordinador das xornadas. Trala conferencia proxectarase a película que dá título ás xornadas. Mañá serán Roman Gubern e M. Jean Claude Carrière quen pronuncien senllas conferencias sobre La Vía Láctea. Esa mesma tarde José Luis Barros, José María Otero, M. Jean Claude Carrière e Román Gubern participarán nunha mesa redonda sobre a película e a obra de Buñuel.
Proxeccións e peche das xornadas
Ademais do filme La Vía Láctea, nas xornadas proxectaranse, sempre no Auditorio da Universidade e ás oito da tarde, Nazarín e Viridiana, o xoves e o venres respectivamente. O xoves tamén se pechará o ciclo de conferencias coas pronunciadas por Luis Úrbez e Fernando Méndez Leite, para rematar coa mesa redonda na que participarán os dous conferenciantes onda Juan Luis Buñuel e Francisco Rabal.
Exposición
Paralelamente ó ciclo de proxeccións e conferencias, está programada unha exposición titulada "O mundo secreto de Luis Buñuel" na Igrexa da Universidade que comezará o martes e que amosará diferentes aspectos do cineaste mediante fotografías e outros obxectos.