Savater e Saramago inauguran o seminario sobre "Humanismo e telecomunicación"

Ética para os bytes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Co obxectivo de fomentar a investigación e o desenvolvemento da texnoloxía dende un punto de vista social e humanístico comeza hoxe na Coruña o seminario "Humanismo e Telecomunicación" organizado pola Fundación Airtel. Un seminario que conta coa participación de personalidades como Saramago, Fernando Savater ou Ignacio Ramonet.

Valores da telecomunicación

A inauguración oficial terá lugar hoxe a cargo do conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela e do alcalde de A Coruña. Logo, comezará a primeira xornada que se centra nos valores permanentes da ética occidental. Nas ponencias da mañá, José de Saramago, premio Nobel de Literatura, falará sobre as características e as circunstancias da aldea virtual. Ademais, Fernando Saveter incidirá nos valores cidadáns ante o novo milenio.



Telecomunicación

As xornadas continuarán pola tarde coa análise dos medios de comunicación e das tecnoloxías. A outra cara da realidade da sociedade da información. Na mesa redonda participarán Enrique Gutiérrez Bueno, xerente da axencia Efe e decano do Colexio de Inxenieros e Ignacio Ramonet, director do diario Le Monde Diplomatique.


Mundialización

O As xornadas rematan mañá cunha visión dobre a mundialización do civismo, e unha mesa redonda sobre as Telecomunicacións e a sociedade. Unhas ponencias que contarán coa presencia de Salvador Giner, catedrático de Socioloxía da Universidade de Barcelona


Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Xesús Pérez Varela, Medios de comunicación, Literatura...