O papel comercial e materialista da rede no congreso "Humanismo e telecomunicacións"

Humanismo da rede

A metáfora máis concorrida no primeiro día das xornadas foi a de comparar internet cun grande centro comercial. Unha imaxe que compartiron Ignacio Ramonet e José Saramago, premio nóbel de literatura, que compartiron mesa e mantel no cogreso Humanismo e telecomunicacións, organizado pola Fundación Airtel. Marco no que se abordará ata hoxe na Coruña os valores dentro da nova sociedade da información.

O pesimismo de Saramago




O premio Nóbel de literatura amosou unha visión pesimista sobre a realidade actual. Sostivo que a cultura galego-portuguesa é prácticamente teórica, xa que a relación entre ámbalas dúas realidades remata nunha barreira natural como é o Duero. Sen embargo, Saramago, negou o risco da deshumanización da internet, xa que segundo el, "depende do comandante que esté ó mando". Malia non ser un adicto ás novas tecnoloxías, a súa próxima obra, "A caverna" sairá á venta en internet a partires do 1 de xaneiro.












Educación mundializada


Dentro da proliferación de redes e de novos vehículos técnicos para a expresión, cómpre dotar dunha ética, de tal xeito que se aproveite todo este cauce formal dotado con contidos e levando a educación a tódolos rincóns. Savater aproveitou a súa ponencia ante un auditorio repleto, para establecer unha fórmula da cidadanía entorno á pertenza e á participación.




Converxencia






A integración da telefonía, a enerxía e a informática foron os pilares centrais da ponencia do xornalista galego, Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique. Ramonet tamén quixo destacar o escaso uso da rede, xa que só un 97.6% dos habitantes do planeta non emprega a internet. Aínda que outro grande problema é o feito que deses pequenos datos de uso existen diferencias ostensibles entre os países industrializados e o resto de integrantes do planeta.